A QUINTA DO CUADRANTE
A COMPAÑÍA
MELANIA CRUZ
MELANIA CRUZ é diplomada en Maxisterio e Titulada Superior en Arte Dramática. Mestrado en Artes Escénicas (Pedagoxía Teatral)
Comeza o seu contacto co mundo da interpretación da man de Marga Portomeñe e posteriormente pasa cinco anos na Aula de Teatro da USC no Campus de Lugo ata que decide especializarse en Interpretación Textual na ESAD de Galicia. Traballa en diferentes compañías de teatro (EscénaT, Teatro de Adro, CDG, Contraproducións, Producións Excéntricas) e cofunda xunto a catro compañeiros ilMaquinario Teatro.
Dende 2008 desempeña o papel de axudante de dirección en Teatro Muxicas, colectivo pertencente ao Movemento Teatral ONCE, onde dirixe A Visita da Vella Dama en 2014. Ese ano debuta en audiovisual interpretando o papel de Raxada no filme A Esmorga, de Ignacio Vilar, con quen tamén traballa en Sicixia. Protagoniza as películas DHOGS de Andrés Goteira, Arima de Jaione Camborda, e participa en Trote de Xacio Baño. Traballa nas series de televisión Urxencia Cero, Serramoura, Fontealba e Viradeira, e protagoniza o telefilme Contou Rosalía e a serie A Estiba.
En 2016 recibe o premio María Casares a Mellor Actriz Protagonista por Xardín Suspenso, no 2018 o Mestre Mateo á Mellor Actriz Protagonista por DHOGS e no 2019 recibe o Premio Mestre Mateo como mellor actriz de reparto por Trote, de Xacio Baño.
TITO ASOREY
TITO ASOREY é licenciado en Historia e Arte Dramática (Dirección de Escena). Mestrado en Artes Escénicas.
Compaxina desde o ano 2000 a súa dobre faceta como actor e director de escena, tratando de establecer unha retroalimentación o máis frutífera posible entre estes dous oficios.
Como actor estivo vinculado á compañía Sarabela Teatro dende o 2000 ao 2010, e posteriormente a Ur Teatroa. A partir do 2014 centra a súa carreira como intérprete no mundo audiovisual (Serramoura, Fariña, Servir y Proteger).
Como director foi responsable de máis de vintecinco espectáculos realizados con todo tipo de colectivos, tanto profesionais (Teatro de Adro, ilMaquinario Teatro, Centro Dramático Galego), como amadores. Estivo vinculado á Compañía Nacional de Teatro Clásico durante os anos 2013-2014, na que ocupou o cargo de axudante de dirección e coordinador pedagóxico. Desde o ano 2018 colabora con Xose Antonio Touriñán, dirixindo espectáculos como Somos Criminais ou a versión teatral de Fariña.
Entre os galardóns que ten recibido destacan tres Premios nacionais de Teatro “Buero” (nos anos 2007, 2008 e 2010), así como cinco Premios María Casares (Mellor Actor Secundario, Mellor Iluminador, Mellor Adaptación, Mellor dirección e Mellor Espectáculo). Foi candidato en dúas ocasións aos premios MAX e nominado ao premio nacional de Dirección de Escena da ADE.
LAURA ITURRALDE. ESCENOGRAFÍA E ILUMINACIÓN
COLABORADORAS
LAURA ITURRALDE. ESCENOGRAFÍA E ILUMINACIÓN
Videojockey, escenógrafa, fotógrafa e iluminadora. É técnica superior en Imaxe pola Escola de Imaxe e Son de Vigo, técnica superior en Gráfica Publicitaria pola Escola de Arte de Salamanca e titulada superior en Arte Dramática na especialidade de Escenografía na ESAD de Galicia.
Desenvolveu a súa actividade profesional en diversos eidos, maioritariamente relacionados coas artes escénicas, nos que se ocupou da parte plástica e técnica como iluminadora, escenógrafa e videocreadora en diferentes compañías coma Inversa Teatro, Cía Borja Fernández, Sarabela Teatro, Triatreros ou ilMaquinario Teatro. Iniciouse como videojockey no trío acústico Trilitrate, co que traballa e acompaña bandas e espectáculos en vivo con imaxes xeradas en tempo real. Combinou soportes e formatos coma o stop-motion, a cámara a tempo real e infografías para crear atmosferas acordes con espectáculos en directo. No 2018 recibe o premio María Casares polo seu traballo como escenógrafa na peza Resaca, de ilMaquinario Teatro, premio que volve recoller en 2019 pola peza Invisibles.
XAVIER BÉRTOLO. MÚSICA
Licenciado en piano e música moderna pola ESMAE de Porto, licenciado en Física pola USC, estudou piano con Abe Rábade e German Kucich e composición con Nuno Ferreira e Carlos Azevedo entre outros. Membro fundador de Cró!, director e músico na Orquesta Metamovida, teclista na banda de improvisación conducida Comando Radar e recentemente desenvolvendo o seu proxecto de electrónica e visuais, Corvax, con Laura Iturralde.
A súa actividade profesional sempre estivo ligada ao mundo do underground: Comezou coa sua banda Cró! aló polo 2007 e xa levan 4 discos editados, recibindo o premio a Mellor Banda de Rock Galega na II edición dos Premios Martín Codax. Formou parte da xénese do colectivo Metamovida do que xurdiu a Orquesta Metamovida. En 2016 pasa a formar parte do estudio de videoxogos Fosfatina Arcade. No campo audiovisual cómpre destacar as composicións feitas para a curta Todo por Galactus (2017) e o minidocumental Gonzalo Viana: Barro e mar (2014)
RENATA UZAL. VESTIARIO
Diplomada en Estudos Superiores de Deseño de Moda e Estilismo (2005-2009) e Técnico Superior de Indumentaria (2002-2004) pola Escola Superior de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela.
Traxectoria profesional no Deseño de Moda, Estilismo de Cine e de Televisión, medrando e traballando en diversos formatos e produtoras, entre outras Lobos de Arga de Vaca lms S.L., Mar libre ( Dani de la Torre ) de Ficción Produciones S.L., series para T.V.G. Libro de familia, O Faro, Fontealba, películas de época : Emilia Pardo Bazán, Concepción Arenal de Atlántida Media y Zenit T.V., El Club de los incomprendidos de Bambú Producciones, Trote ( Xacio Baño ) de Frida Films, Arima, de Esnatu Zinema. Mestura a paixón profesional coa ilustración do seu universo persoal, baixo o selo “De Alma & Hueso”: pezas ilustradas sobre diversos materiais e deseño, patronaxe e confección de roupa coa alma evocadora que xorde do cine, da música, da literatura, do mar... plasmando na maioría dos proxectos a anatomía humana para que músculos, ósos e veas sexan a configuración na que nada e se inspira a súa creación.
Graduada en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, cun Erasmus na Universidade Católica de O Porto (Portugal, 2014), onde profundiza no ámbito da creación artística e plástica. Dende os seus estudos traballa en cine, televisión e publicidade nos departamentos de cámara e dirección. A súa inquietude por investigar no eido da dirección de actrices e actores fai que manteña unha formación constante en relación ao cine e ao teatro, traballando en compañías como A Quinta do Cuadrante, Emedous ou Teatro Muxicas, da fundación ONCE.
A columna vertebral do seu traballo como creadora xoga entre a danza e acción, o traballo corporal e as estruturas familiares. En 2017 recibe a axuda de creación para o desenvolvemento e promoción do talento audiovisual galego pola súa curtametraxe Sendeiro (con estrea no Festival Internacional de Cine Curtocircuito, Mención Especial do Xurado no Festival M de Cine, en Meira). En 2018 recibe o Premio María Luz Morales ao Mellor Videoensaio Galego por Muller Personaxe.